Cargando...

Valentín González Formoso

Presidente da Deputación Provincial de A Coruña

A Volta Ciclista á provincia da Coruña chega á súa 17ª edición consolidada como unha das probas de referencia para os ciclistas das categorías Élite e Sub-23, nas que se forxan as novas promesas do ciclismo antes de chegar ao ámbito profesional.
Entre os 1 e 3 e xuño, máis dun centenar de ciclistas de 16 equipos de todo o territorio nacional daranse cita na nosa provincia para disputar unha apaixoante proba deportiva que este ano partirá dos concellos de Ponteceso, Curtis e Cariño.
Máis de 410 quilómetros divididos en tres etapas que nos permitirán disfrutar do mellor do noso ciclismo no privilexiado escenario natural que constitúe a provincia da Coruña para práctica desta disciplina deportiva, que cada día conta con máis seguidores e afeccionados.
Quero expresar, unha vez máis, a miña máis sinceira noraboa á Federación Galega de Ciclismo pola organización desta proba e polo encomiable esforzo que dende hai dezasete anos veñen realizando para que a Volta á nosa provincia siga sendo un evento deportivo de primeiro nivel.
Asimesmo, dende a Deputación da Coruña queremos dar a nosa máis cordial benvida a todos os participantes, desexándolles os maiores éxitos deportivos e unha agradable estancia nas sempre acolledoras terras da Coruña.