Cargando...

Valentín González Formoso

Alcade de As Pontes de García Rodríguez

Como alcalde de As Pontes, constitúe para min un placer e unha honra dar a benvida á nosa vila a deportistas, directivos, organizadores e afeccionados que se achegarán con motivo da disputa da Volta ciclista á provincia.
Quero expresar o meu agradecemento á Federación Galega pola confianza depositada en nós para contribuir e formar parte desta ilusionante cita deportiva, que non dubidará ninguén que chega a unha localidade que se vai volcar.
Esta prestixiosa competición volve recalar no noso municipio, que conta cunha dilatada traxectoria na organización de importantes eventos deportivos de todos os niveis, con resultados altamente satisfactorios tanto para os organizadores como para os participantes, valoración que, estou plenamente convencido, que se manterá tamén nesta nova oportunidade de amosar o que somos. Un pobo amante do deporte, e que reune as condicións idóneas para erixirse no escenario que merece un acontecemento destas características.
Atoparedes en As Pontes unha vila acolledora,na que todo aquel que se achegue se atopará coa hospitalidade dunhas xentes e unha terra que deixarán unha grata lembranza do paso por aquí..
Sabedores da importancia desta Volta a A Coruña, e da moita xente que vai estar pendente de nós, os meus veciños e veciñas asumirán coa responsabilidade que adoitan, estando á altura esixida como se ten amosado na experiencia xa acumulada neste tipo de retos.
Aproveito a ocasión para invitarvos a que nos coñezades e visitedes As Pontes, e descubrades unha vila cunha ampla oferta en actividades formativas, de entretemento, ocio, gastronomía e deporte
Confío en poder saudarvos dándovos a benvida a esta casa que é a vosa, e compartir convosco, como afeccionado ó deporte, e nomeadamente ó ciclismo, unha fin de semana de deporte e convivencia.