Cargando...

Juan Carlos Muñiz Nieto

Presidente da Federación Galega de Ciclismo

A XVII Volta Ciclista á Provincia da Coruña chega avalada polas súas decimosextas anteriores edicións. Unha rolda por etapas coa participación, os percorridos e a organización que se merece a categoría antesala do profesionalismo. O reto é seguir mellorando ano a ano, e nós intentámolo coa constancia propia dos ciclistas.
A súa ubicación no calendario sitúaa como a primeira gran volta da temporada Éite e Sub23. Os corredores chegan con moita ilusión e o escenario para exhibir as súas cualidades é inmellorable. un terreo ideal para ver o ciclismo do máximo nivel e no que a emoción esta garantifa ata o final.
Ponteceso, Curtis e Cariño asumen nesta ocasión o protagonismo. Agradecemos a disposición que os tres concellos amosaron dende o principio para abrirnos as súas portas.
A carreira percorrerá moitos máis municipios e desexamos que todos se sumen ao pelotón da súa Volta.
Estamos nunha provincia que sinte paixón polo ciclismo e a Deputación da Coruña exemplificado. Esta institución é o piar básico deste evento, pero o seu compromiso coa bicicleta vai moito máis lonxe. Gracias ao seu apoio existe unha ampla oferta de citas ciclistas ao longo de cada temporada a este ano celébrase a sexta edición do Circuito Deputación da Coruña de Btt XC.
A decidida aposta por este deporte tamén a comparten as firmas Anova e Norinver como patrocinadores da Volta.
O ciclismo necesita ir da man dos sponsors e a cambio ofrécelles valores como o sacrificio, traballo en equipo e o espíritu de superación.
Durante estes tres días de competición o Padronés Cortizo-Anova e o Cambre-Renault Caeiro serán os conxuntos anfitrións na súa provincia. Na liña de saída haberá outras cinco formacións galegas
dispostas a competir cóbado con cóbado cunha selecta representación dos mellores equipos da Península Ibérica. A corredores, técnicos, auxiliares e directivos dámoslles a benvida.
Moita sorte para todos e que triunfe o espectáculo e a deportividade.