Cargando...

Javier Caínzos Vázquez

Alcalde de Curtis

Para o Concello de Curtis, o Deporte non é só o nome dunha das áreas do Goberno local como unha firme aposta de xestión, é unha fonte de alegría permanente xa que as iniciativas postas en marcha nas distintas disciplinas deportivas están a dar os seus froitos tanto en clave de benestar da poboación
pola creación de hábitos de vida saudable desde a infancia como pola unión veciñal ao redor duns valores claramente asociados ao deporte. O traballo e o esforzo en equipo sempre achegan mellores resultados.
No noso municipio gústanos unha soada frase de Hernry Ford, asociada á empresa pero que tentamos aplicar en todas as áreas de Goberno e, por suposto, tamén á deportiva: “Chegar xuntos é o principio. Manterse xuntos, é o progreso. Traballar xuntos é o éxito”. Por iso, entre os nosos Embaixadores municipais contamos con grandes deportistas como os futbolistas Dolores Sánchez campeona de españa co Burela F. S. e Lucas Vázquez xogador do Real Madrid que saíu das nosas Escolas Deportivas, ou ‘Santiago Fernández ‘Guti’, adestrador dos nosos ximnasios e subcampión do mundo de Powerlifting.
A participación de Curtis e Teixeiro como segunda etapa da XVII Volta Ciclista á Provincia da Coruña é para nós unha gran alegría pero tamén unha forma de traducir este ánimo común aos ciclistas participantes e a un deporte que conta no municipio con familias enteiras de afeccionados e que desde hai anos se reúnen no verán para percorrer os nosos grandes paraxes naturais. Esta é tamen unha excelente oportunidade para dar a coñecer o Concello curtiense e para que
os nosos veciños vexan de preto a algúns dos seus ídolos.
Confiamos en que esta ocasión sirva para que pronto esa afección polo ciclismo nos regale aos curtienses e ao mundo un embaixador deportivo desta disciplina. Mentres, prometemos ser anfitrións e animadores entregados