Cargando...

María Xosé Alfonso Torres

Alcaldesa de Muros

Para un concello como o de Muros, no que a práctica deportiva é tan intensa e importante, é un orgullo poder gozar dunha etapa da XVIII VOLTA Á PROVINCIA DA CORUÑA, un evento deportivo que contribuirá a reforzar o xa elevado interese da nosa cidadanía polo deporte.

Este ano 2019, a etapa da Volta á provincia da Coruña que se celebrará en Muros, sumarase non só a todos os eventos que organiza o Concello, entre os que están o Dúatlon Eleuterio Balayo e o Tríatlon Mar de Muros, senón tamén os que organizan diversas entidades deportivas e culturais do noso concello, e entre os que hai BTTs, carreiras, travesías a nado pola ría, regatas de bateis e de traiñeiras, fútbol, andainas, o Gran Fondo Ézaro... Polo que, se xa estes últimos anos a actividade deportiva era frenética, este ano 2019 vai ser especial.

Non podo deixar pasar a oportunidade de recomendarlle ás persoas que nos visiten con motivo desta volta, tanto ás que participan na organización como ás que compiten na proba, que gocen do noso municipio e comarca, e que aproveiten para coñecernos un pouco e se queden cun lugar ao que volver.
Sempre serán benvidas en Muros!