Cargando...

Valentín González Formoso

Presidente da Diputación da Coruña

A Volta Ciclista á provincia da Coruña chega á súa 18ª edición consolidada como unha das probas de referencia para os ciclistas das categorías Élite e Sub-23, nas que se forxan as novas promesas do ciclismo antes de chegar ao ámbito profesional.
Entre os 31 de maio e o 2 e xuño, máis dun centenar de ciclistas de equipos de todo o territorio nacional daranse cita na nosa provincia para disputar unha apaixoante proba deportiva que este ano partirá dos concellos de As Pontes, Muros e Oroso.
Un total de 431 quilómetros divididos en tres etapas que nos permitirán gozar do mellor do noso ciclismo no privilexiado escenario natural que constitúe a provincia da Coruña para a práctica desta disciplina deportiva, que cada día conta con máis seguidores e afeccionados.
Quero expresar, unha vez máis, os meus sinceiros parabéns á Federación Galega de Ciclismo pola organización desta proba e polo encomiable esforzo que dende hai dezaoito anos veñen realizando para que a Volta á provincia da Coruña siga sendo un evento deportivo de primeiro nivel.
Asimesmo, dende a Deputación da Coruña queremos dar a nosa máis cordial benvida a todos os participantes, desexándolles os maiores éxitos deportivos e unha agradable estancia nas sempre acolledoras terras da Coruña.